12 de ago. de 2025

NUBE DAS BOAS PALABRAS OU MURAL DO BOLI VERDE

Nova e fantástica actividade da compañeira https://piensosientosoy.blogspot.com/, na que poñemos en valor as cousas bonitas que nos dicimos, e que non sempre ocupan o lugar máis importante nos nosos recordos. Apuntádevos a facela!


Esta é unha proposta para ganar a batalla ao famoso e temido boli vermello da corrección. O mural do boli verde, da nube das boas palabras, é o antídoto contra o mural das lamentacións e o vermello desmotivador.

Non sería unha mágoa perder todas as palabras bonitiñas que vos din na aula, e que ás veces escapan ben tristes entre os pupitres porque non se lles presta a atención necesaria?  Habelas hainas, pero son as palabras de corrección as que adoitan estar máis presentes. Estas palabras e frases están pedindo a berros que se lles considere, que teñan presenza na aula. Pero precísanvos, precisan dos vosos bolis verdes e doutras cores amables para poder existir.

Dálle vida ás frases que din as cousas que fas ben. Cada vez que unha profe ou un profe che diga algo positivo e que che alegre o día, escribe a frase no mural. Longa vida ao boli verde esperanza que debuxa a vosa autoestima!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

IGUAIS E DIFERENTES: TRABALLANDO A EMPATÍA E O BO TRATO

 De Noemí Salgado.