23 de ago. de 2023

PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL DO IES PERDOURO

 O programa que tedes a continuación, traballa dunha forma ben estruturada o aspecto emocional no alumnado. Contades con sesións deseñadas para traballar a conciencia emocional, a regulación emocional, e a autonomía emocional. Fermoso traballo das compañeiras!

Material Intelixencia Emocional

Comparto desta vez un programa elaborado pola Deputación de Gipuzkoa co fin de lograr que o alumnado ao acabar o seu proceso de formación académica, adquirise tamén, competencias emocionais que lle permitan aumentar o seu nivel de benestar persoal e converterse en persoas responsables, comprometidas e cooperadoras.

Este é un programa práctico e orientador, así como transversal, para o desenvolvemento da Intelixencia emocional desde a acción titorial.

20 de ago. de 2023

PAUTAS DE ADAPTACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN PARA ALUMNADO CON NEAE

PAUTAS PARA ADAPTAR EXAMES.2024 de Veronica

PAUTAS DO FORMATO DE LECTURA FÁCIL

 

PAUTAS LECTURA FÁCIL de Veronica

ALTAS CAPACIDADES: ORIENTACIÓNS BÁSICAS NA INTERVENCIÓN

DISLEXIA: DEFINICIÓN E INTERVENCIÓN

 Documento elaborado polo ETPOEP de Almería no que se recollen os rasgos máis característicos que definen a aprendizaxe do alumnado con Dislexia, e as pautas básicas de intervención que podemos poñer en marcha.

O TDAH: DEFINICIÓN E INTERVENCIÓN

Magnífico documento resumo do significado do TDAH e as pautas básicas a implementar en aula.

ADATACIÓN DE EXAMES PARA ALUMNADO CON NEAE

 

ADAPTACIÓN DE PROBAS DE AVALIACIÓN PARA ALUMNADO CON TEA

Neste documento tedes un pequeno resumo das adaptacións precisas para o noso alumnaod con TEA.

 

EVALUACIÓN DA COMPETENCIA CURRICULAR EN LENGUA E MATEMÁTICAS ESO

Neste enlace tedes uns completos documentos deseñados dende a Consejería de Educación de Asturias,  para o proceso de avaliación inicial en Lengua e Matemáticas en 1º, 2º e 3º da ESO,que se caracteriza por ser dunha aplicación e corrección ben sinxela.

Así mesmo, contades con documentos para avaliar o nivel de competencia lingüística do alumnado con descoñecemento das oficiais do noso sistema.

6 de ago. de 2023

VALORACIÓN DO NIVEL DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA E MATEMÁTICA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA

Máis recursos para profundar na etapa de Primaria. 

Nesta ocasión, é a Consejería de Educación de Murcia a que ofrece un recurso moi valioso para valorar o NCC do alumnado na Primaria.

Clicando na imaxe, podes acceder ao menú de inicio, onde descargar os manuais de aplicación e corrección da área de Lengua como instrumento de comunicación, Lengua como obxecto de coñecemento, e Matemáticas.

E de Chipiona, Cádiz:

VALORACIÓN DO NIVEL DE COMPETENCIA CURRICULAR DO GOBERNO DE CANARIAS (PRIMARIA)

 No caso de detectarse un desfasamento curricular moi significativo, teremos que valorar se corresponde á etapa de Primaria. Estes cadernos facilitan moito a tarefa de definid o nivel do alumnado. Clica na imaxe para descargalos.


Caderno para rebeldes emocionais