11 de mar. de 2023

O VALOR DO COMPAÑEIRISMO

 

Analizamos cales son as actitudes e valores que teñen os nosos compañeiros e compañeiras, e facemos unha nube de palabras con elas, para telos presentes sempre.

ORIENTACIÓNS PARA TRABALLAR CO ALUMNADO CON TDAH

Comparto esta magnífica entrada do blogue de orientación do IES Juan Antonio Fernández, no que recolle, de maneira moi visual, orientacións para o traballo co alumnado con diagnóstico de TDAH.

EXTRACTO DO PROTOCOLO DE TDAH (XUNTA DE GALICIA)

Xunto un extracto do Protocolo de Intervención co alumnado con TDAH, da Consellaría de Educación, cos aspectos referido á nosa intervención en aula.

5 de mar. de 2023

EXTRACTO DO PROTOCOLO DE IDENTIDADE DE XÉNERO COAS MEDIDAS A APLICAR CO ALUMNADO

Recomendacións educativas e organizativas en relación co xénero que o/a menor sente como propio 


  • Non se realizarán no centro actuacións diferenciadas por sexo, e se por algunha causa concreta e plenamente xustificada esta diferenciación fose necesaria, terase sempre en conta a identidade de xénero manifestada e coa que o alumno ou a alumna se sinte identificado.  

  • A comunidade educativa dirixirase ao alumnado polo nome que se acorde na coordinación establecida entre a dirección, a titoría, o departamento de orientación e o/a alumno/a (ou representantes legais).

  • Tamén se utilizará este nome naquela documentación non regulamentada legalmente e en todas aquelas comunicacións formais e informais que non teñan efectos administrativos ou xurídicos, en tanto non se proceda á modificación dos datos rexistrais e se acredite o dito cambio de xeito inequívoco.  

  • Facilitaráselle o acceso aos vestiarios e aseos correspondentes ao xénero co que se sente identificado cando existan unicamente espazos diferenciados.  

  • Garantirase o seu dereito a elixir a propia imaxe, e a adaptar esta, tanto no vestir como en calquera outro aspecto, ao xénero que sente como propio, incluídos os uniformes escolares, se procede. 

  • Garantirase a difusión da realidade sobre a identidade de xénero entre a comunidade educativa.  


Medidas para a información e formación da comunidade educativa 


Medidas de prevención, detección e intervención ante posibles casos de discriminación, acoso escolar, violencia de xénero ou maltrato infantil por identidade de xénero 



  • Cando se constate que o atentado contra a dignidade do/a menor foi por causas relacionadas coa súa identidade de xénero, aplicaranse as medidas correctoras correspondentes e, en particular, a expulsión de centro, temporal ou definitiva.

  • Calquera membro da comunidade escolar que teña coñecemento ou sospeita dunha situación de acoso escolar, violencia de xénero ou maltrato infantil de calquera alumno ou alumna, por identidade de xénero dentro do centro escolar, ten a obriga de poñelo en coñecemento dos responsables do centro.

4 de mar. de 2023

TITORÍAS DIVERTIDAS... E PARA PENSAR

 Recurso do Blogue do Departamento de Orientación do IES Ilíberis, divertida actividade que pon o enxeño a traballar!

ACTIVIDADE PARA O 14 DE FEBREIRO, DÍA DOS NAMORADOS

(DO BLOGUE DE ORIENTACIÍON DO IES ILÍBERIS)

 

ACTIVIDADE DE COHESIÓN GRUPAL

 Comparto unha vez máis un magnífico recurso da compañeira do Blogue Pienso, Siento, Soy, para as titorias de aula.

DEBUXANDO A 5 MANS de Veronica

CORRECCIÓN DOS EXAMES DE ABAU PARA O ALUMNADO CON DISLEXIA

De grande interese estas pautas de corrección das probas do alumnado con NEAE por Dislexia, nos exames da ABAU, que poden servirnos de referencia para ter en conta no noso día a día das aulas. 

1. CRITERIOS XERAIS 

Os exames débense avaliar en función do contido e non pola presentación, a ortografía o a forma de expresión.


Nos exames das materias que non sexan as de lingua, as faltas de ortografía NON poden penalizar na nota final.


 2. CRITERIOS ESPECÍFICOS PARA AS MATERIAS DE LINGUA 


2.1. Os correctores deste tribunal das materias de Lingua castelá e literatura, Lingua galega e literatura e Lingua estranxeira, ademais dos criterios e pautas de corrección entregados polo responsable da materia correspondente, deberán ter en conta na corrección dos exames deste alumnado unhas pautas específicas referentes á ortografía. 


2.2. Pautas específicas relacionadas coa ortografía:  

  • Penalizar só unha vez por tipo os erros de ortografía básica que se describen no anexo.  

  • Non penalizar os erros de ortografía non descritos no anexo.  

  • Penalizar só un de cada cinco os erros de acentuación. En canto a:  erros de segmentación de palabras dentro da oración (unións e separacións incorrectas)  erros de inversión, rotación, substitución, adición ou omisión de letras, sílabas ou palabras  signos de puntuación penalizaranse só un de cada tres erros repetidos.  



2.3. O feito de que no penalicen todas as faltas cometidas non significa que non se deban corrixir. 



Lingua estranxeira: francés 


No exame de francés non se considera a ortografía como un factor determinante que cumpra penalizar de maneira especial. Porén, no caso de alumnos con dislexia aplicaranse como pautas específicas relacionadas coa ortografía os seguintes tres criterios: 




  • Non penalizar os casos en que un mesmo son se transcribe con diferentes grafías, aínda que o erro gráfico poida dar lugar a incoherencias gramaticais: 

  • Non penalizar os casos en que una grafía non teña correlato fónico (é dicir, que non se pronuncie); por exemplo:  a omisión da marca gráfica (que non fónica) de plural, quer sexa en substantivos ou adxectivos (garçons, roux) quer en conxugacións verbais (ils regardent). Si se penalizarán, por contra, os casos en que se produza unha distinción fónica entre o singular e o plural, por exemplo: travail / travaux; il va / ils vont; le / les.  a omisión do chamado "e" caduco en final de palabra, tanto sexa en substantivos (roue, arrivée, mode) como en adxectivos (grave) ou en verbos (il chante, il loue).  a omisión das consoantes oclusivas ou constritivas en final de sílaba non pronunciadas (coup, toit, pied, mis).  a omisión do "h" mudo ou aspirado: homme, hauteur.  a omisión de acentos que no manifesten oposición fonolóxica: île, château, hôtel.  a omisión do "r" final no infinitivo dos verbos do primeiro grupo (sempre e cando a grafía corresponda á mesma "realización fónica", sexa "e" aberto ou pechado): chanté, chantez, chantais, chantait / chanter. 3. Non penalizar as consonantes dobres (por exemplo, p / pp), agás que a duplicación consonántica manifeste unha oposición fónica, como s / ss: case / casse.


Lingua estranxeira: inglés


  • Nos criterios de corrección da proba de inglés a ortografía NON se considera como un factor determinante que cumpra penalizar de xeito específico en todas as preguntas. 

  • Nas preguntas número 1 e 6, nas que se esixe redactar, a persoa correctora terá en conta as condicións do alumnado con dislexia e valorarase máis a riqueza de vocabulario, as estruturas gramaticais, a comprensión, a cohesión e a coherencia do texto redactado. 

ADAPATACIÓNS DOS EXAMES CO ALUMNADO CON TDAH

 Comparto esta práctica guía de ANHIDA Coruña, con orientacións para adaptar as probas de exame co noso alumnado con TDAH.

EXTRACTO DO PROTOCOLO DE DISLEXIA

 Xunto o extracto do Protocolo de Dislexia da Consellaría de Educación, para que poidades facer unha lectura rápida dos aspectos que afectan directamente á intervención na aula.

Caderno para rebeldes emocionais