5 de mar. de 2023

EXTRACTO DO PROTOCOLO DE IDENTIDADE DE XÉNERO COAS MEDIDAS A APLICAR CO ALUMNADO

Recomendacións educativas e organizativas en relación co xénero que o/a menor sente como propio 


  • Non se realizarán no centro actuacións diferenciadas por sexo, e se por algunha causa concreta e plenamente xustificada esta diferenciación fose necesaria, terase sempre en conta a identidade de xénero manifestada e coa que o alumno ou a alumna se sinte identificado.  

  • A comunidade educativa dirixirase ao alumnado polo nome que se acorde na coordinación establecida entre a dirección, a titoría, o departamento de orientación e o/a alumno/a (ou representantes legais).

  • Tamén se utilizará este nome naquela documentación non regulamentada legalmente e en todas aquelas comunicacións formais e informais que non teñan efectos administrativos ou xurídicos, en tanto non se proceda á modificación dos datos rexistrais e se acredite o dito cambio de xeito inequívoco.  

  • Facilitaráselle o acceso aos vestiarios e aseos correspondentes ao xénero co que se sente identificado cando existan unicamente espazos diferenciados.  

  • Garantirase o seu dereito a elixir a propia imaxe, e a adaptar esta, tanto no vestir como en calquera outro aspecto, ao xénero que sente como propio, incluídos os uniformes escolares, se procede. 

  • Garantirase a difusión da realidade sobre a identidade de xénero entre a comunidade educativa.  


Medidas para a información e formación da comunidade educativa 


Medidas de prevención, detección e intervención ante posibles casos de discriminación, acoso escolar, violencia de xénero ou maltrato infantil por identidade de xénero 



  • Cando se constate que o atentado contra a dignidade do/a menor foi por causas relacionadas coa súa identidade de xénero, aplicaranse as medidas correctoras correspondentes e, en particular, a expulsión de centro, temporal ou definitiva.

  • Calquera membro da comunidade escolar que teña coñecemento ou sospeita dunha situación de acoso escolar, violencia de xénero ou maltrato infantil de calquera alumno ou alumna, por identidade de xénero dentro do centro escolar, ten a obriga de poñelo en coñecemento dos responsables do centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Caderno para rebeldes emocionais