1 de maio de 2024

Caderno para rebeldes emocionais

As emocións nos adolescentes

Traballamos as emocións nos adolescentes. Con este magnífico genially do IES Al-Ándalus de Almería.

TRABALLAR A SAÚDE MENTAL

 

25 NOVEMBRO

 




ACTIVIDADE GRUPAL DE MELLORA DA CONVIVENCIA

 Actividade de convivencia para a sesión de titoría, do blogue Orienta2. 


En primeiro lugar, veremos o vídeo. 

Podes dispoñer se o desexas do poema escrito en inglés na seguinte ligazón: TO THIS DAY PROJECT

Despois de ver o vídeo busca a tres compañeiros da túa clase para reflexionar en grupo sobre o contido do poema. Déixoche unhas cuestións a modo de orientación:

  • Que emocións che produciu?
  • Cal crees que é a mensaxe principal do poema e como se relaciona co tema do acoso escolar?
  • Que impacto crees que pode ter o acoso escolar na vida das persoas a longo prazo?
  • Como crees que sinte a persoa acosada?
  • Que efecto pode ter na súa saúde mental e emocional?
  • De que maneira se ilustra no vídeo a importancia da autoaceptación e a resiliencia?
  • Que podes facer na túa vida diaria para promover a inclusión e a aceptación dos demais, mesmo cando son diferentes a ti?

O portavoz do teu grupo comentará as conclusións do teu equipo ao resto da clase, para debatelas despois en gran grupo. 

Para rematar coa actividade realiza cos compañeiros do teu grupo unha infografía. Nela deberedes reflexionar sobre como podedes, entre todos, contribuír a crear un clima de boa convivencia no voso grupo clase.

10 ( ou máis) sesións de titoría contra o acoso escolar.

 Secuencia completa de actividades contra o acoso escolar.



Ante o acoso escolar...non cales

 Material para traballar o acoso escolar.



Caderno para rebeldes emocionais