12 de ago. de 2025

Carta ao meu EU do futuro

Non pode ser outra persoa que https://piensosientosoy.blogspot.com/ a que nos propón a seguinte actividade: 

Falar e escribir é sanador.

Cando falamos ou escribimos os problemas son menos.

Quererse a un/a mesmo/a é necesario.

Proxectar o futuro, un futuro amable axúdanos a visualizar metas, a dirixirnos a elas.

Por todo isto e máis, propoñémosche, mandarche unha mensaxe á túa eu do futuro. Nesta ocasión, a proposta é escribirche unha mensaxe para que che chegue o día que termina o curso. Escríbelle ao teu eu do futuro e cóntalle: 

  • Que esperas deste curso
  • Como mellorarás algo que non se che está dando ben
  • Unha mensaxe de agarimo, de apoio para os momentos que non van ben
  • Unha mensaxe de esperanza
  • A túa titora ou o teu titor escollerá o formato:
  • manual. Neste caso darémosche un sobre que logo ti selarás e que poderás abrir a final de curso.
  • dixital. A aplicación que podes empregar é a da ligazón. Debemos poñer a opción de privado. Non debemos colgar imaxes para protexer a nosa identidade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IGUAIS E DIFERENTES: TRABALLANDO A EMPATÍA E O BO TRATO

 De Noemí Salgado.