17 de ago. de 2025
PORNOGRAFÍA
A pornografía converteuse na actualidade nunha das principais influencias na construción da sexualidade das persoas mozas. É necesario pois, abordar nos centros educativos esta temática, para fomentar un modelo sexual baseado no consentimento mutuo, na empatía e na comunicación.
Estes dous materiais parecéronme moi interesantes:A curtametraxe TRAS A PANTALLA., producido pola Asociación Páxinas Violeta presenta unha interesante reflexión sobre a influencia e as consecuencias do consumo de pornografía en menores e novas (a ciberviolencia machista), e como lles afecta nas súas relacións con outras persoas, así como no propio desenvolvemento persoal e emocional.
12 de ago. de 2025
E ti quen es?
Desta volta, unha divertida actividade do blogue https://piensosientosoy.blogspot.com/, para coñecérmonos cunhas risas.
Agora que sabemos como nos chamamos, podemos escribir unha característica que nos define, unha afición, un momento do verán, ou o que acordedes cos vosa titora ou titor.CÍRCULO DE DIÁLOGO: VERÁN 2025
Tomado do blogue https://piensosientosoy.blogspot.com/, propoño a seguinte actividade de acollida tras o verán: UN CÍRCULO DE DIÁLOGO
Os círculos de diálogo permítennos coñecernos, pasar un bo rato, escoitar, parolar e sentir.
- o profesorado titor realiza as preguntas e vos lanza o obxecto para poder dialogar.
- respectaremos que alguén non queira participar nalgunha pregunta, non se obrigará a ninguén a falar, pero ten en conta que ti contas moito neste grupo e que non queremos perdernos nadiña de ti.
- fala so quen ten o obxecto; mentras unha persoa fala, os demáis escoitamos con moita atención e respecto.
- respectamos todas as opinións e o manifestamos coas nosas expresións verbais e non verbais.
- nas preguntas secuenciais, se alguén precisa máis tempo, o deixamos para o final da rolda, así pode pensar.
Carta ao meu EU do futuro
Non pode ser outra persoa que https://piensosientosoy.blogspot.com/ a que nos propón a seguinte actividade:
Falar e escribir é sanador.
Cando falamos ou escribimos os problemas son menos.
Quererse a un/a mesmo/a é necesario.
Proxectar o futuro, un futuro amable axúdanos a visualizar metas, a dirixirnos a elas.
Por todo isto e máis, propoñémosche, mandarche unha mensaxe á túa eu do futuro. Nesta ocasión, a proposta é escribirche unha mensaxe para que che chegue o día que termina o curso. Escríbelle ao teu eu do futuro e cóntalle:
- Que esperas deste curso
- Como mellorarás algo que non se che está dando ben
- Unha mensaxe de agarimo, de apoio para os momentos que non van ben
- Unha mensaxe de esperanza
- A túa titora ou o teu titor escollerá o formato:
- manual. Neste caso darémosche un sobre que logo ti selarás e que poderás abrir a final de curso.
- dixital. A aplicación que podes empregar é a da ligazón. Debemos poñer a opción de privado. Non debemos colgar imaxes para protexer a nosa identidade.
NUBE DAS BOAS PALABRAS OU MURAL DO BOLI VERDE
Esta é unha proposta para ganar a batalla ao famoso e temido boli vermello da corrección. O mural do boli verde, da nube das boas palabras, é o antídoto contra o mural das lamentacións e o vermello desmotivador.
Non sería unha mágoa perder todas as palabras bonitiñas que vos din na aula, e que ás veces escapan ben tristes entre os pupitres porque non se lles presta a atención necesaria? Habelas hainas, pero son as palabras de corrección as que adoitan estar máis presentes. Estas palabras e frases están pedindo a berros que se lles considere, que teñan presenza na aula. Pero precísanvos, precisan dos vosos bolis verdes e doutras cores amables para poder existir.
Saír da illa da desigualdade: Breakout 8M
Comparto esta magnífica actividade da compañeira https://piensosientosoy.blogspot.com/ .
IGUAIS E DIFERENTES: TRABALLANDO A EMPATÍA E O BO TRATO
De Noemí Salgado.
-
Creación dun clima positivo de aprendizaxe na aula. Debemos poner en valor de xeito explícito os comportamentos que sonadecuados, (traballar...
-
Estratexias para Ensinar a Alumnado con TDAH (Galego) de Veronica
-
Magníficos recursos da compañeira Noemí Sánchez, sobre as principais técnicas e hábitos de estudo Magníficos recursos da compañeira Noemí Sá...
