18 de abr. de 2025

TO THIS DAY PROJECT: FLIPPED CLASSROOM

 

Podes dispoñer se o desexas do poema escrito en inglés na seguinte ligazón: TO THIS DAY PROJECT

Despois de ver o vídeo busca a tres compañeiros da clase para reflexionar en grupo sobre o contido do poema. Déixoche unhas cuestións a modo de orientación:

  • Que emocións che produciu?
  • Cal cres que é a mensaxe principal do poema e como se relaciona co tema do acoso escolar?
  • Que impacto cres que pode ter o acoso escolar na vida das persoas a longo prazo?
  • Como cres que sente a persoa acosada?
  • Que efecto pode ter na súa saúde mental e emocional?
  • De que maneira se ilustra no vídeo a importancia da autoaceptación e a resiliencia?
  • Que podes facer na túa vida diaria para promover a inclusión e a aceptación dos demais, mesmo cando son diferentes a ti?

O portavoz do grupo comentará as conclusións do teu equipo ao resto da clase, para debatelas despois en gran grupo. 

Para terminar coa actividade realiza cos compañeiros do teu grupo unha infografía. Nela deberedes reflexionar sobre como podedes, entre todos, contribuír a crear un clima de boa convivencia no voso grupo clase.

IGUAIS E DIFERENTES: TRABALLANDO A EMPATÍA E O BO TRATO

 De Noemí Salgado.