27 de ago. de 2024

TRASTORNOS DE CONDUTA: CAIXA DE FERRAMENTAS

Manual de estratexias e medidas educativas prácticas para a modificación condutual e o desenvolvemento emocional (Alberto Hidalgo Domínguez; Esther Molina Torres; Celia Palomo Marín; Ana Sánchez Centeno e Andrea Sevilla Moreno).

De obirgada consulta!

6 de ago. de 2024

EDUCAR EN VALORES, PARA A CONVIVENCIA E A PAZ

 Actividades para o desenvolvemento das sesións de titoría, nas que se traballan valores como os dereitos humanos, a liberdade, convivencia, pluralismo, tolerancia, diálogo, cooperación ou solidariedade

PROXECTO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL 1º ESO

 Da editorial Edebé

PROXECTO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL 11-12 ANOS

 Proxecto de Rodeira, para traballar a educación das emocións nas titorías.

PROXECTO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL 13-15 ANOS

 Proxecto de Rodeira, para traballar a educación das emocións nas titorías.

CADERNO DE TRABALLO PARA ALUMNADO CON ALTASS CAPACIDADES 1º E 2º ESO

 

Suecia: A experiencia de Friends

 Sete vídeos producidos por Friends, subtitulados ao español por Libres de Bullying.







PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS

10 sesións de traballo, proposta da compañeira Inmaculada Ruíz Martín, a partir da rede AVERROES.

 Este programa está deseñado para traballar as habilidades sociais nun grupo onde non exista cohesión (debido á competitividade, a incomprensión ou a outras razóns), coa finalidade de desenvolver a empatía e a cooperación e solidariedade, fomentando o respecto ás diferenzas.

Nel traballaranse as seguintes facetas: Cooperación e confianza grupal, autoestima, comunicación, empatía a través da análise de valores e os dilemas morais, e tolerancia.

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE 3º E 4º ESO

 Programa de prevención e intervención no ámbito da saúde para o alumnado de 3º e 4º ESO. Proposta de actividades do Ministerio de Educación.

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE 1º E 2º ESO

Actividades para desenvolver nas sesións de titoría, propostas polo Minsterio de Educación.

IGUAIS E DIFERENTES: TRABALLANDO A EMPATÍA E O BO TRATO

 De Noemí Salgado.