Comparto unha pequena selección de dinámicas para o coñecemento propio e mutuo.
DINÁMICAS PARA CONOCERNOS de Veronica25 de ago. de 2023
23 de ago. de 2023
PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL DO IES PERDOURO
O programa que tedes a continuación, traballa dunha forma ben estruturada o aspecto emocional no alumnado. Contades con sesións deseñadas para traballar a conciencia emocional, a regulación emocional, e a autonomía emocional. Fermoso traballo das compañeiras!
Material Intelixencia Emocional
Comparto desta vez un programa elaborado pola Deputación de Gipuzkoa co fin de lograr que o alumnado ao acabar o seu proceso de formación académica, adquirise tamén, competencias emocionais que lle permitan aumentar o seu nivel de benestar persoal e converterse en persoas responsables, comprometidas e cooperadoras.
Este é un programa práctico e orientador, así como transversal, para o desenvolvemento da Intelixencia emocional desde a acción titorial.
20 de ago. de 2023
DISLEXIA: DEFINICIÓN E INTERVENCIÓN
Documento elaborado polo ETPOEP de Almería no que se recollen os rasgos máis característicos que definen a aprendizaxe do alumnado con Dislexia, e as pautas básicas de intervención que podemos poñer en marcha.
O TDAH: DEFINICIÓN E INTERVENCIÓN
ADAPTACIÓN DE PROBAS DE AVALIACIÓN PARA ALUMNADO CON TEA
Neste documento tedes un pequeno resumo das adaptacións precisas para o noso alumnaod con TEA.
EVALUACIÓN DA COMPETENCIA CURRICULAR EN LENGUA E MATEMÁTICAS ESO
Neste enlace tedes uns completos documentos deseñados dende a Consejería de Educación de Asturias, para o proceso de avaliación inicial en Lengua e Matemáticas en 1º, 2º e 3º da ESO,que se caracteriza por ser dunha aplicación e corrección ben sinxela.
Así mesmo, contades con documentos para avaliar o nivel de competencia lingüística do alumnado con descoñecemento das oficiais do noso sistema.
6 de ago. de 2023
VALORACIÓN DO NIVEL DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA E MATEMÁTICA DO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA
Máis recursos para profundar na etapa de Primaria.
Nesta ocasión, é a Consejería de Educación de Murcia a que ofrece un recurso moi valioso para valorar o NCC do alumnado na Primaria.
Clicando na imaxe, podes acceder ao menú de inicio, onde descargar os manuais de aplicación e corrección da área de Lengua como instrumento de comunicación, Lengua como obxecto de coñecemento, e Matemáticas.
E de Chipiona, Cádiz:
VALORACIÓN DO NIVEL DE COMPETENCIA CURRICULAR DO GOBERNO DE CANARIAS (PRIMARIA)
No caso de detectarse un desfasamento curricular moi significativo, teremos que valorar se corresponde á etapa de Primaria. Estes cadernos facilitan moito a tarefa de definid o nivel do alumnado. Clica na imaxe para descargalos.
IGUAIS E DIFERENTES: TRABALLANDO A EMPATÍA E O BO TRATO
De Noemí Salgado.
-
Creación dun clima positivo de aprendizaxe na aula. Debemos poner en valor de xeito explícito os comportamentos que sonadecuados, (traballar...
-
Estratexias para Ensinar a Alumnado con TDAH (Galego) de Veronica
-
Magníficos recursos da compañeira Noemí Sánchez, sobre as principais técnicas e hábitos de estudo Magníficos recursos da compañeira Noemí Sá...


